A Doniña Cerva

Lendas dos Ancares

No castelo de Doiras moraba un cabaleiro de nome Froiaz,con dous fillos:  Egas e Aldara.O fillo doutro señor dun castelo veciño namorouse de Aldara.O seu amor foi correspondido e,parecéndolle ben ós seus pais,o casamento anunciouse.Un serán Aldara desapareceu do castelo.Pai e irmán,criados e mesmo o seu mamorado acompañado das súas xentes,foron na súa procura por montes e bosques,pallozas e casaríos…despois dalgúns días de buscas intensas,deron por definitiva a perda de Aldara,imaxinando que algún xabaril ou  algún lobo famento acabaran coa súa vida.

Castillo de Doiras

Un día Egas,estando de cazaría,observou unha fermosa cerva branca.Dun disparo rematou coa vida do animal,pero non se decatara de que era imposible levala ata o castelo polo seu excesivo peso (ou se cadra,porque a neve dificultaba o transporte),así que cortou a pata dianteira da cerva( para sinalar que o animal lle pertencía,ou para poder mostrar o trofeo que dera conta da súa fazaña).E cando foi amosarlle o seu pai a pata da cerva,contándolle o seu éxito,aterrorizados,viron como o que Egas sacou da bolsa foi unha man;unha man fina,branca,suave;unha  man da doncela fidalga.E nun dos dedos daquela man relucía un fermosos anel de ouro cunha pedra encarnada.Pai e fillo lembraron que aquel era o anel da desgraciada Aldara…

Terras de Ancares

Con animo dorido correron monte arriba,para o lugar onde Egas dera morte á cerva.Alí atoparon,tendido no chan o cadáver de Aldara,á quen lle faltaba unha man…

Segundo o que di a lenda algún mouro debeu encanta-la en figura de cerva, e a morte encargouse de volve-la ó seuu estado natural de doncela.Mais endexamais puido saberse a razón.